Skip to main content

Nortrans, Os empresarios do transporte analizarán o novo Regulamento Europeo

Arquivos adxuntos
Nortrans, Os empresarios do transporte analizarán o novo Regulamento Europeo
Cando ten lugar
Hora: 
10.00 h.
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseOurense (Capital)
Descripcion

Celebrará a súa 8ª edición en Expourense os días 2 e 3 de setembro como a única feira profesional do sector no Noroeste Peninsular

 

De carácter bienal, NORTRANS, Salón do Transporte e a Loxística, a única cita profesional do sector no Noroeste Peninsular, regresa ó calendario feiral de Expourense para celebrar a que será xa a súa oitava edición que terá lugar os días 2 e 3 de setembro de 2011. Conta co apoio das principais asociacións profesionais do transporte en Galicia, integradas no seu comité asesor, entidade encargada de organizar as actividades do salón que ven de celebrar a súa primeira reunión.

 

Están representados neste comité tanto institucións como a Dirección Xeral de Mobilidade ou o Ente Público Portos de Galicia, (integrados na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas da Xunta de Galicia), ou o Concello e a Cámara de Comercio de Ourense, como as principais asociaciones profesionais de Galicia (ANETRA, FEGABUS, FEGATRAMER, TRANSGACAR, ORENCAR, APETAMCOR, ATVC, AETRANS, ACOAG e FEGATRAVI) e empresas do sector privado.

 

NORTRANS permitirá así dar a coñecer os últimos avances e servirá de foro de debate para o sector analizando dende distintas ópticas, nas Xornadas Técnicas de Transporte de Mercadorías e Viaxeiros, temas de actualidade entre os que destacan os cambios na lexislación. Contando coa presenza de representantes da administración e de federacións e asociacións do sector, un dos temas xa confirmados para debater nestas xornadas será o Novo Regulamento Europeo 1370 e a súa repercusión estatal e autonómica. Tamén se abordará a modificación da Lei de Transporte Terrestre. Por outra parte, a loxística será un sector que aumentará o seu protagonismo nesta edición.

 

 

Neste foro profesional abordaranse outros aspectos de actualidade como: o transporte en zonas rurais; a búsqueda de novas fórmulas de prestación de servizos que resulten viables para as empresas ou a análise de cómo inflúe o actual marco normativo na configuración da empresa.

Estas xornadas contan cunha elevada participación entre as empresas relacionadas co transporte xa que as empregan como foro de debate sobre a actualidade do sector.

Exposición comercial

De xeito paralelo a estas xornadas, NORTRANS contará cunha superficie expositiva na que as empresas poderán reforzar o posicionamiento a marca presente na feira, tanto de vehículos de mercadorías como de viaxeiros. Nesta cita estarán representados unha quincena de sectores entre os que destaca a industria carrocería.

 

Compartir