Culturgal

Diversos estudios elaborados sobre as Industrias Culturais en Galicia indican que as empresas do sector representan, en xeral, entre o 1,8 e o 2% do PIB galego. Segundo recolle un recente informe elaborado pola Agadic, nas industrias culturais e creativas conflúen 3.814 empresas que dan traballo a 17.500 persoas e que no 2009 facturaron conxuntamente 1.134 millóns de euros.