Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz

É unha Asociación Cultural e Xuvenil de Alfoz, sen ánimo de lucro, que realiza unha serie de actos (Cabalgata de Reis, Carnaval, Foleón de San Xoán, FESTA DOS CHÓFERES, O Magosto, Maratón Futbol Sala "Pardo de Cela", e moitas outras...) mediante o esforzo, ben sexa económico ou colaborando, de tódolos seus socios e seguidores, coa finalidade de reunirse de vez en cando a xente de Alfoz, O Valadouro, e outros amigos veciños, para evadirse un pouco das nosas rutinas diarias.