Festa Gastronómica declarada de Interese Turístico Galego polo Consello da Xunta, reunido en data 17 de xuño de 1999.
Actos:
Pregón. Concurso-degustación. Entrega de Premios. Poxa empanadas gañadoras. Cea de Peñas. Festival Esmorga Folk de música tradicional. A festa celébrase dende o ano 1974, e figura entre as festas máis sonadas de Galicia por ser a primeira en exaltar un produto tan galego e pola singularidade dos actos organizados, que sempre van da man da Asociación de Amigos da Empanada e das Peñas inscritas nun número preto das 150.