FESTAS NA HONRA DO DIVINO ECCE HOMO - BÓVEDA (LUGO)
Oferta:
Antigamente celebrábase unha romaría nos arredores da capela de Rubián, na que moitos veciños xantaban ó aire libre, e era coñecida a hospitalidade destas xentes, que chegaba o punto tal de abri-las portas das súas casas ós romeiros vindos de outros lugares, para que disfrutaran dos festexos, que duraban varios días.
Hoxe en día, perdida esa tradición, a festa continua a celebrarse cun marcado carácter relixioso, recibindo a afluencia de devotos de toda a provincia para asistires a misa e a procesión dos santos, na que varios cofrades portan tódalas imaxes da capela.
Destaca o acompañamento que se lle fai a imaxe do Ecce Homo, cos fieis portando obxetos de cera que representan distintas partes do corpo. Hai documentación sobre a existencia desta tradición dende fai 320 anos, cando foi construido o pequeno templo.