Skip to main content

X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Arquivos adxuntos
X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Cando ten lugar
Data: 
30/06/2024 - 03/07/2024
Data habitual: 
Del 9 al 12 de Julio
Ónde ten lugar
Dirección: 
Curro da praza, 2. -
Código Postal: 
15250
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
Lugar: 
Oferta: 
Xornadas, organizadas polo Museo do Mar de Galicia e centradas nos Ecomuseos e o desenvolvemento sostible, irán orientadas a debater sobre a protección do patrimonio marítimo e natural e a espertar o incremento dun turismo activo baseado na riqueza patrimonial da ría de Muros e da Costa da Morte.
Descripcion

O mar e a súa cultura centrarán o amplo e variado programa que se desenvolverá ao longo destes catro días baixo o lema 20 anos recuperando o  patrimonio, e que incluirá dende actividades de lecer, como música en vivo, obradoiros ou saídas de navegación, ata culturais como exposicións de diversa temática. Así, entre outras propostas, diariamente se ofrecerán mostras en directo de oficios artesanais -carpintería de ribeira, palilleiras, talla de madeira, cestería, confección de zocos ou instrumentos musicais-.

Un dos seus principais atractivos será a chegada ao porto Carril de numerosas embarcacións tradicionais, pertencentes a tripulacións de toda Galicia e doutros portos peninsulares e europeos, que permanecerán na vila para participar nesta xuntaza festiva e reivindicar a importancia do patrimonio marítimo.

Nesta edición agárdase a presenza de máis de 160 barcos tradicionais de diferentes tipoloxías -procecentes do País Vasco, Cataluña, Andalucía, Portugal, Francia e Irlanda- entre os que se atoparán dornas, goletas,  galeóns, gamelas, racús, bateis, botes ou traíñas de pesca. Os visitantes terán a oportunidade de facer visitas guiadas polos pantaláns  onde estarán amarradas as embarcacións para coñecer, máis polo miúdo, as súas características.

Outro dos focos de interese deste X Encontro é a celebración das xornadas técnicas: Turismo e embarcacións tradicionais, un recurso a explotar, que se levarán a cabo en dúas sesións organizadas pola Consellería do Mar, o Museo do Mar de Galicia e a FGCMF, co patrocinio do Proxecto Europeo NEA2.

 

Estas xornadas permitirán, por primeira vez, establecer un marco de actuación para salvagardar o patrimonio marítimo galego, incidindo en puntos tan importantes para a consecución deste logro como a creación da figura de protección patrimonial ou a autorización,  por parte da dirección xeral da Marina Mercante, da navegación deste tipo de embarcacións. A primeira sesión terá lugar o xoves 30 de xuño -de 9:30 a 14:30h. e de 16:00 a 18:30h.- na Casa do Mexilón, ubicada no Consello da DOP Mexilón de Galicia, en Vilagarcia de Arousa, e  o profesor de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación da Universidade de Vigo, Xulio Pardellas de Blas, será o encargado de abrir as xornadas coa conferencia Turismo e patrimonio mariñeiro: un proxecto de rede cultural.

As experiencias de xestión de embarcacións de interese patrimonial en productos turísticos centrarán as restantes intervencións do día, para as que se contarán con expertos na relación turismo-patrimonio marítimo procedentes de Galicia, Bretaña, Portugal, Cataluña e Canarias. Prantexarán as posibilidades de actuación neste campo, co obxectivo de dar a coñecer qué recursos ofrece o turismo que permitan a conservación das embarcacións con valor patrimonial.

A segunda sesión, Regulamento de embarcacións tradicionais: cara un novo estatus das embarcacións tradicionais, desenvolverase o venres 30 de xuño ás 10:00 h., no salón de actos da Asociación Gato Negro de Carril, en nela se presentará un plan de acción para o recoñecemento das embarcacións de interese patrimonial que pretende ser un punto de inflexión no tratamento legal deste tipo de navíos. Participarán Lino Lema, da consellería do Mar, e o director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera.

Esta décima edición terá unha significación especial pola súa coincidencia coa conmemoración do 20 aniversario da recuperación da lancha xeiteira, que representou o inicio do movemento que hoxe aglutina a FGCMF. Celebrarase coa posta en escena de actividades especiais, como a presentación, por parte do MdM, do vídeo A lancha xeiteira. Trátase dun traballo de corte documental, producido por Rafa Vilar, que aporta material etnográfico e antropolóxico de notable interese, no que se expón cómo foi o proceso de recuperación desta embarcación emblemática galega.

Nesta liña cabe destacar tamén a exhibición do documental Historia dos galeóns a  vela, que recolle entrevistas a varios patróns destas embarcacións, protagonistas do transporte durante máis de cen anos nas costas galegas. Un traballo de investigación que pasará a conformar, xunto co anterior,  a colección do Arquivo do Mar do Museo do Mar de Galicia, xa integrada por Memoria de Salazón e Bueu. Unha bota de altura.


Historia dos Encontros

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é a actividade máis senlleira organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), e ten como principal obxectivo concienciar a cidadanía e as administracións da importancia da conservación e recuperación do patrimonio marítimo galego. Organízase cada dous anos nunha vila mariñeira galega, na que se concentran embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas de toda a comunidade e doutros portos peninsulares e europeos para exhibir e reivindicar o patrimonio do mar.

Os Encontros serven para amosar tamén o traballo no eido da recuperación do patrimonio feito polas asociacións e, ao mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para todos os cidadáns e visitantes da vila que acolle o Encontro. Son, na actualidade, un referente no resto de España, pois trátase do maior acontecemento de  ámbito nacional destas características. Están convidadas tódalas asociacións pertencentes á FGCMF e entidades afíns, tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Levante ou as Illas Baleares, así como particulares e institucións de interese cultural e patrimonial.

O primeiro Encontro celebrouse en Ribeira (1993) e a este seguíronlle Coruxo (1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Poio (2001), A Illa de Arousa (2003), Cambados (2005), Ferrol (2007) e Muros (2009).

Compartir