Skip to main content

FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS

Arquivos adxuntos
FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS
Cando ten lugar
Data: 
04/06/2021 - 05/06/2021
Ónde ten lugar
Lugar: 
Descripcion

Plantéxase como un evento de promoción do sector comercial, empresarial e hostaleiro que ademais ofrecerá un amplo abano de actividades de ocio para nenos e adultos e que pretende converterse ademais nunha alternativa de ocio para a familia xa que contará con exhibicións, demostracións e unha ampla zona de hostalería.

A FEC funcionará tamén como un perfecto escaparate no que mostrar a diversidade do amplo tecido de empresas e comercios de Betanzos nunha época na que o sector necesita ampliar as oportunidades de negocio ademais de promover, impulsar e dar a coñecer a diversidade comercial e empresarial de Betanzos.

Compartir