Durante a cea entregaranse as caldeiretas 2010 e contaremos cun condutor de luxo: Xoán Barro, recoñecido xornalista ferrolterrán e presentador de TVE.
Estes son os galardoados:
CALDERETA de HONRA 2010
Para Germán Castro Tomé, “Man”, pola súa longa e magnífica carreira coma xornalista e polo seu compromiso persoal coa cultura de base, co movemento veciñal e co movemento sindical.
Germán Castro foi fundador e director de Diario de Ferrol, presidente do Club de Prensa e promotor e director fundador da revista Ferrol Análisis.
CALDERETA do ANO 2010
Para o proxecto Ferrol en Feminino. As Rutas turísticas das Mulleres, que desde a Concellería da Muller do Concello de Ferrol levaron adiante: Rosa Millán García, coordinadora; Carmen Pérez González, historiadora; Noemí Rodríguez Hernández, técnica de turismo; Maribel Pérez Ardao, educadora social e Carmen González Pita, administrativa.