Skip to main content

A FESTA DOS AXÓUXERES CHEGA A TUI

Arquivos adxuntos
A FESTA DOS AXÓUXERES CHEGA A TUI
Cando ten lugar
Hora: 
12:00
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraTui
Descripcion

O Concello de Tui acollerá nos próximos días o “Festival dos Axóuxeres”, unha iniciativa da Secretaria Xeral d Política Lingüística en colaboración coa Concellería de Cultura de Tui dirixida aos bebés tudenses e as súas familias, que abrangue un Encontros dos Axóuxeres o domingo 13 de febreiro ás 12,00 horas no Teatro Municipal de Tui e posteriormente o sábado 26 un obradoiro.

 O Encontro dos Axóuxeres é un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos en galego. Os bebés de 0 a 3 anos e as familias que participen nos Encontros terán ocasión de axudar o avó de Eli a atopar o caderno onde garda os debuxos, as cantigas, os xogos e as adiviñas de cando el era neno. Eli e o seu avó, papel que interpreta o actor Xosé Manuel Olveira Pico, realizarán unha divertida viaxe para recuperar o caderno acompañados de Totó, un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras. Mentres buscan o caderno, o avó, Eli e Totó cantarán cos nenos e nenas e as súas familias cantigas tradicionais como “A vaca Marela” ou “A saia da Carolina” e gozarán aprendéndolles aos máis pequenos divertidos xogos populares cós que terán ocasión de entreterse despois nas súas casas.

 Este Festival dos Axóuxeres complétase cun “Obradoiro dos axóxeres”, a celebrar o sábado 26 de febreiro de 17,30 a 19,30 horas no edificio “Área Panorámica”. Este obradoiro está integrado por un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación. Os obradoiros están centrados na transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos bebés: as miradas, os aloumiños, a música e a palabra poden ser vías complementarias para afondar na relación entre pais e fillos.

 A entrada para os Encontros e para os Obradoiros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente nos seguintes teléfonos, en horario de luns a venres de 9 a 16 horas:

 Reservas para os Encontros no 686 160 879.

Reservas para os Obradoiros no 630 230 338.

 Durante os pasados meses de setembro e de outubro, Os Axóuxeres 2010-2011 percorreron as cidades galegas con xogos, música, teatro e cantigas tradicionais para facer gozar os máis pequeniños coa lingua galega. A través das Festas dos Axóuxeres e mais dos Obradoiros dos Axóuxeres, Este programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística acadou un importante éxito, chegando a máis de 2.000 persoas en 2010. Agora, no inicio de 2011, Os Axóuxeres retoman con forza a súa programación para bebés e familias noutras 12 localidades das catro provincias galegas desde o 30 de xaneiro ata o 20 de marzo.

 Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral pretende axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade. Nesta edición, a iniciativa homenaxea os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.

 O Concelleiro de Cultura tudense agradece á Secretaría Xeral de Política Lingüística a celebración en Tui deste festival que contribuirá á promoción da nosa lingua e á difusión da nosa cultura entre as familias tudenses.

 

Compartir