Skip to main content

O Barco Muralla de Lugo fondea en Taboada esta fin de semana, na vixésima Feira do Caldo de Ósos

Arquivos adxuntos
O Barco Muralla de Lugo fondea en Taboada esta fin  de semana, na vixésima Feira do Caldo de Ósos
Cando ten lugar
Hora: 
11.00 a 14.30 y de 15.30 a 18.00 h.
Ónde ten lugar
Lugar: 
Descripcion

O Muralla de Lugo inclúese dentro de Lug02, o programa medioambiental da Deputación dotado de 5 millóns de euros -cofinanciado nun 70% pola Unión Europea-, e o ano pasado, na súa primeira tempada, tivo uns 18.200 visitantes. Foi construído por unha empresa de Burela e pintada en Viveiro. O seu interior está dotado con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico que cederon na súa totalidade e de maneira gratuíta as confrarías de pescadores da Mariña e o Concello de Viveiro, ós que se lles adica unha praca de agradecemento. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.

 

Conta cunha parte expositiva con capacidade para 40 paneis de fotografías, nas que se atopa unha sección de imaxes cedidas pola asociación “Terra de Viveiro”, entre as que destaca a fotografía máis antiga que se conserva no porto vivariense.

 

Compartir