PROGRAMA 2023
O venres 17, as actividades comezarán co Pregón do Entroido, a cargo de Marta Veiga Izaguirre, que contará coa animación musical de Condensadores de Fluzo e continuarán a partir das 21:30 coa actuación musical da charanga Louband polo recinto histórico.
O sábado 18 a animación comezará a partir das 18:00 co concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Clownamorado, de Rudi Dudi.
Apartir das 20:00, a Tambukada estará no recinto histórico, rematando as actividades a partir das 22:00 coa actuación de Brassica Rapa polo recinto histórico
O domingo 19 a praza Maior acollerá a partir das 12:30 a Peter Punk co seu espectáculo Chungo que te cagas, e o luns 20 Culturactiva representará a gala de circo Introitus, continuando as actividades ás 20:00 coa actuación de Bloco Meigallo e o 22 con Unión Phenosa polo recinto histórico.
O día 21, a Gramola Gominola representará a partir das 12:30 na praza Maior o seu espectáculo As que máis molan da Gramola. Pola tarde terá lugar, a partir das 18:00 o concurso de disfraces na categoría de adultos. Durante a deliberación do xurado o público contará coa animación de Carta de Ajuste.
As actividades do Entroido rematarán o mércores 22 a partir das 20 horas co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro.