Skip to main content

62 mostras para a XVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra.

Arquivos adxuntos
62 mostras para a XVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra.
Cando ten lugar
Hora: 
9:00
Ónde ten lugar
Descripcion

Os días 26 e 27 deste mes celébrase a XVII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra que se desenvolverá no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Preséntanse un total de 62 mostras, 37 corresponden a tintos colleita 2010, 14 na categoría doutras añadas e 11 na categoría de brancos. As 62 mostras presentadas corresponden a 35 adegas.

 

Mañá, mércores, día 25, ante notario, as mostras embolsaranse e precintaranse, numerado as botellas, que serán almacenadas, permanecendo custodiadas ata o momento da celebración da cata. Será o día 26 a partir das 9:00 da mañá cando comence a precata ou cata de selección. Os viños cataranse por series, comenzando polos brancos e rematando cos viños doutras añadas. Seleccionaranse un máximo de 10 viños na categoría de tintos 2010 para pasar á cata final. No caso dos brancos e dos viños doutras añadas farase unha selección dun máximo de 6 mostras para a cata final.

 

Trala cata final do día 27 celebrase un xantar organizado polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra no Parador de Turismo de Monforte, a cita aproveitarase para facer entrega dos premios aos viños mellor valorados.

Compartir