Skip to main content

FESTAS OURENSE 2011

Arquivos adxuntos
FESTAS OURENSE 2011
FESTAS OURENSE 2011
Cando ten lugar
Data: 
17/06/2018 - 26/06/2018
Descripcion

Un ano máis Ourense celebra as Festas da cidade no mes de xuño. Dez días de actividades e concertos para tódolos públicos, con pregón, grupos de renome nacional e internacional, artistas galegos de primeira liña, bandas locais e djs.

 

17 DE XUÑO - ANDRÉS CALAMARO + ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS  -

Xardíns do Posío. Entrada anticipada 15 Euros e 18 na billeteira, a venda en www.ticketmaster,es ou no tfno 902 15 00 25.

No seu vixésimo ano xirando por España, a lenda arxentina volve ofrecendo repertorio e excelencia nos talentos do novo MVP (most valuable players) quinteto. Trátase de descubrir e escoitar un verdadeiro grupo de rock coa inspiración das melodías e o espírito de compromiso e liberdade coa música e o xénero, calidades orixinais do rock de guitarras e amplificadores, o Rock de sempre. Presenta "Salmonalipsis Now" un repertorio que unha vez mais, despertará os espíritus dos “salmones” e o recordo feito rock de Los Rodríguez.www.calamaro.com

Eladio y Los Seres Queridos publicaron o pasado marzo o seu esperado segundo traballo: "Están Ustedes Unidos", un ramallete de cancións chamadas a permanecer na nosa retina durante moito tempo. Para moitos, Eladio é un artista imprescindible que milita na liga da contra estilo, a contra tendencia e a atemporalidad. A banda galega ten un arranque de xira inmellorable con datas en Primavera Sound, Sonorama, Día da Música Heineken 2011, Vigo Transforma, Ebrovisión... www.eladioylosseresqueridos.es

 

18 DE XUÑO - OURENSE DANCE  -  Xardíns do Posío, de balde

19 DE XUÑO - JUAN MAGÁN    - Xardíns do Posío, de balde

Juan Magán é un dj, produtor e compositor de house español. Ten remezclado para Junaes, Paulina Rubio, Nelly Furtado, Pitbull ou Bob Sinclair. Ten dous discos de Platino co seu single "Bora Bora" e un disco de Platino con "Verano Azul". É dj no programa Fama, a bailar!, de Cuatro.

 

21 DE XUÑO - NENA DACONTE  - Xardíns do Posío, de balde

"Una mosca en el cristal" é o terceiro álbum de Nena Daconte. Un disco á vella usanza que se aferra ás tradicións do proceso de desenvolvemento dun artista. É un disco orgánico en son, sólido en produción, cun importante grao de drama persoal e que cumpre unha das funcións básicas dun terceiro traballo para a súa autora, como é a apertura e peche dunha etapa vital para pasar ao seguinte capítulo. www.nenadaconte.com.es

 

23 DE XUÑO - CELTAS CORTOS  - Xardíns do Posío, de balde

A historia do grupo remóntase ao ano 1984, sendo un dos grupos de Castela e León máis exitosos de todos os tempos. Non en van chegaron a vender máis de 2.000.000 de copias dos seus distintos traballos. Tras unha xira de dous anos, en 2010 gravan "Introversións" entre Andoain (Gipuzkoa), Valdeón (León) e Valladolide Beluso, volvendo á produción de Juan Ignacio Cuadrado, produtor dos catro primeiros discos. www.celtascortos.com

 

24 DE XUÑO - MALDITA NEREA  -  Xardíns do Posío. Entrada anticipada 15 euros e billeteira 18 euros, a venda en www.servicaixa.com ou no tfno. 902 33 22 11

Con 'Es un secreto... no se lo digas a nadie', Maldita Nerea se confirmaron como o artista revelación do pop nacional: máis de 60 semanas consecutivas nos primeiros postos da lista oficial de vendas, Disco de ouro, número un en radios cos seus tres singres, tres Premios 40 Principales 2010... Agora volven con novo traballo: "Doado". Adiante, ponte cómodo, sorrí e goza da viaxe. www.malditanerea.com

 

25 DE XUÑO - MERCEDES PEÓN  
- Praza Maior, de balde

Considerada unha das mulleres máis carismáticas do circuíto worldmusic actual. Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, en 2000 gravou o seu primeiro álbum. Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza ou o cine. A finais de 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico, ...---... (Sós). Música de vangarda, catalogada como madura, fresca, sorprendente, creativa. Enxeñosa e profundamente conceptual, móstranos unha evolución ou un momento da súa carreira especialmente brillante. www.mercedespeon.es

 

26 DE XUÑO - UXÍA 
-  Praza Maior, de balde

Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valoradas de Galicia. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto é o seu nove traballo. www.uxia.net

Compartir