As actividades da Feira do Mel inícianse na xornada anterior ó día grande. Pola tarde, na Casa da Cultura entréganse as credenciais ós apicultores e procédese o sorteo dos postos de venda que ocupará cada un deles. Este acto normalmente coincide con algunha conferencia sobre o tema con degustación do producto. O propio día da feira, despois da inauguración oficial do certame, a xente achégase ata os distintos postos para merca-lo mel desta zona.