Skip to main content
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 27545 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10941 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11515 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11089 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7754 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 479 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE (t.language ='es' OR t.language ='' OR t.language IS NULL) AND ( t.vid = 44 )ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.

CONCURSO CABALAR EN TEO

Arquivos adxuntos
CONCURSO CABALAR EN TEO
Cando ten lugar
Data: 
20/07/2025
Hora: 
10:00
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Quen organiza
    Organiza: 
    Descripcion

    O Concello de Teo xa ten definidas as actividades programadas para a xuntanza cabalar do próximo 14 de agosto, como alternativa á celebración do Concurso Cabalar. Estas actividades, que seguen tendo o mundo do cabalo como protagonista terán tamén a zona de Ribas-Oza como escenario central e a mesma na que se facía o concurso, como se acordou cos criadores de Teo.

     

    Un roteiro cabalar e unha exhibición de arrastre son os elementos centrais desta xuntanza cabalar. Aínda que tamén haberá tempo para ver unha mostra de doma e salto e paseos a cabalo e con ponis para que os máis pequenos/as se vaian familiarizando con este mundo.

     

    O roteiro cabalar comezará ás 10:00 horas e serán ó redor de 35 quilómetros por camiños e montes do propio Concello. A saída e a chegada farase dende a carballeira da Santa Eufemia (Ribas-Oza) parando na Burga (Pontevea) para tomar un aperitivo. As persoas intereseadas no roteiro deben saber que é imprescindible anotarse. Xa o poden facer chamando ó teléfono 606 984 842 en horario de 08:00 a 14:00 horas. O prazo para anotarse remata o 13 de agosto ás 13:00 horas. O custo de participación no roteiro é de 20 euros para os adultos e 10 euros para os nenos e nenas menores de 12 anos, o custo equivalente ó prezo do xantar. Haberá unha carpa para o xantar que se fará en Oza, á finalización da rota.

     

    Sobre as 12:00 horas comezarán os paseos a cabalo e poni para nenos/as por un recinto pechado no campo de Ribas, controlado polo Centro Hípico Compostela de Texexe.

     

    Ás 17:00 horas comezará a exhibición de arrastre no mesmo lugar con catro premios para os primeiros clasificados cunha dotación económica que vai entre os 60 e os 150 euros. A inscrición nesta proba farase ese mesmo día no campo dende as 15:00 horas ata as 16:45. O peso do arrastre será de 350 quilos e os animais que participen non poderán ser castigados fisicamente. A proba de arrastre era unha das máis vistosas do Concurso Cabalar e que máis público tiña de aí a aposta polo seu mantemento.

     

    Para finalizar a xornada terá lugar unha exhibición de doma e salto do Centro Hípico Compostela de Texexe e unha exhibición de agillity (habilidades con cans) a cargo do club Agildogs de Teo sobre as 19:00 horas.

     

    O grupo de goberno informaba hai un par de semanas da decisión de suspender a celebración do Concurso Cabalar este ano coa súa concepción tradicional por razóns económicas. Sen embargo Carme Hermida, leva traballando semanas nunha programación alternativa co cabalo como elemento central e en contacto con criadores do propio Concello, para presentar unha oferta alternativa cun custe económico menor pero co que se poida manter a tradición e a defensa deste elemento da cultura popular.

     

    A xuntanza cabalar está organizada polo Concello de Teo pero conta coa colaboración do Centro Hípico Compostela e do Club Agildogs.

    Compartir