Asociación de amigos do mosteiro de Ferreira de Pallares celebra a súa sega do pan, ao xeito tradicional, con segadores provistos de fouciños e as correspondentes atadoras de mollos. O evento terá lugar nunha leira situada en San Vicente. Posteriormente, farase o medeiro en Ferreira, onde se mallará, tamén ao xeito tradicional, dentro dos actos da VII Festa artesanal o vindeiro 14 de agosto.
O labor da sega rematará coa correspondente comida a base de lacón e cachola.