Skip to main content

Festas dos Milagros en Caión, Laracha

Arquivos adxuntos
Festas dos Milagros en Caión, Laracha
Ónde ten lugar
Lugar: 
Descripcion

Celébrase o 8 de setembro e é unha das romarías máis importantes do municipio larachés. É moi coñecida, tanto na bisbarra de Bergantiños como nos concellos limítrofes.

O domingo anterior ao 8 de setembro, a imaxe da Virxe trasládase en peregrinación desde a Igrexa Parroquial da Nosa Señora do Socorro até a Igrexa dos Milagres, acompañada dunha multitude de xente. A partir da tradicional suba da Virxe ata o domingo seguinte (no que volve), os camiños que nos levan ao Outeiro se enchen de peregrinos.

Un arraigado costume daqueles devotos que acoden a visitar á Virxe é a de a tocar ou colocarlle billetes no manto para que se lles cumpran as ofrendas.

Tamén é característico ver aos peregrinos achegarse á Fonte Santa, posto que a crenza popular lle atribúe propiedades curativas.

Compartir