O 15, 16 e 17 de agosto celébranse as festas patronais do concello, nas que se organizan un gran número de actividades, xogos para nenos (Día do neno), concursos (Día da bicicleta) ou campionatos de fútbol, sen esquecernos da celebración relixiosa.
O día 15 hónrase á Nosa Señora, celebrando a misa na Igrexa Parroquial de Torás e, o 17, celébrase o Santísimo Sacramento, tamén nesta igrexa. O día 16 ten lugar o San Roque na Capela do mesmo nome (Cillobre), saíndo a imaxe de San Roque en procesión desde a igrexa de Torás cara a capela. É alí onde se di a misa.
Ademais de actos relixiosos e diversas actividades, celébranse grandes verbena