Skip to main content

Mostra do alvariño artesanal, Vilagarcía de Arousa

Arquivos adxuntos
Mostra do alvariño artesanal, Vilagarcía de Arousa
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
Quen organiza
Organiza: 
Orde de catadores Veiga de Abaixo, baixo o patrocinio municipal.
Descripcion

A mostra é un escaparate ó que acuden as bodegas familiares e artesanais productoras de alvariño para dar a coñecer o seu producto. O certame celébrase coincidindo coas festas patronais de San Roque, a partir do 16 de agosto e durante toda unha semana. O evento ten lugar na antiga Praza da Pescadería, acondicionada para a ocasión, e habitualmente participan unhas 50 bodegas artesanais acollidas á Denominación de Orixe Rías Baixas.

Para acompaña-lo viño, no recinto ofrécense degustacións de productos típicos da gastronomía galega, tanto da terra como do mar. Un dos máis solicitados son as filloas cociñadas ó estilo tradicional, sobre unha pedra e a fogo lento. As visitas de confrarías de viños e actuacións folclóricas dan a nota de cor á mostra, que termina coa cata e concesión de tres premios ós mellores caldos en dúas categorías: bodegas de máis e de menos de 20.000 litros. A organización corre a cargo da orde de catadores Veiga de Abaixo, baixo o patrocinio municipal.

http://www.ivilagarcia.com/turismo/default.asp

Compartir