Skip to main content

FESTAS PATRONAIS EN PONTEAREAS, SAN MIGUEL ARCANXO

Arquivos adxuntos
FESTAS PATRONAIS EN PONTEAREAS,  SAN MIGUEL ARCANXO
Cando ten lugar
Data: 
07/09/2024
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraPonteareas
Quen organiza
Descripcion

Comeza setembro, Ponteareas prepárase para celebrar as súas festas patronais, as máis buliciosas da comarca, A nosa Señora dos Remedios o día 8 e San Miguel Arcanxo o día 29, pero non soamente eses días son festa, senón que, unha serie de acontecementos sociais fan que Ponteareas estea en festas durante todo o mes de setembro, celébranse a Feira Anual , o XXX Concurso Rexional de gaitas, o X festival Folclorico do Condado... sen esquecernos que durante este mes teñen lugar festas para nenos e maiores, xigantes e cabezudos, concertos, verbenas, competicións, etc.

Son, sen lugar a dúbidas, datas idóneas para darse unha volta por esta preciosa vila e gozar das súas festas populares e , ao mesmo tempo, poder visitar os seus monumentos e lugares xa emblemáticos, o Castelo do Sobroso, o Castro de Troña, a Pedra do Equilibrio, as súas pontes romanas, igrexas románicas, museo municipal, etc.

En definitiva, Ponteareas, capital do Condado, ofrécese aos seus visitantes como unha poboación sempre aberta e hospitalaria, como é tradición nesta terra galega.

 

 Este año 2020 no se celebrará

http://www.ponteareas.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=1599

Compartir