"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; Nela festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.
Esta festa debeu ser coñecida xa na antigüidade, dende que os nosos devanceiros se decataron da repetición cíclica que se produce todos os anos e polas mesmas datas. Pero tamén existen outras posibilidades, como a de que fose introducida polos celtas ou mesmo polos íberos. Do que non hai dúbida é de que debeu coller moito pulo coa chegada dos romanos, que, contaba no seu panteón relixioso con varias divindades protectoras da vexetación e dos animais, das que algunhas está testemuñado que recibiron culto aquí na nosa Terra, como é o caso de Tellus, ao que se ofrecían sacrificios para propiciar as colleitas.
http://www.turismoredondela.net/gal_f_maios.php