Cada ano, o derradeiro sábado de xaneiro, repítese a tradición de honrar ao santo Xiao do Trebo, na pequena capela próxima a Ortegal, contruída sobre un antigo emplazamento romano. Xa dende ben cedo, os veciños percorren polo camiño vello os dous quilómetros que separan Cariño da ermida, para disfrutar nos arredores da mesma dunha xornada de troula, como se veu facendo sempre.