Skip to main content

A Virxe do Carme en Cariño

Arquivos adxuntos
A Virxe do Carme en Cariño
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Quen organiza
    Organiza: 
    Descripcion

    A fermosura e espectacularidade desta festividade, na que se honra a patroa de todos os mariñeiros, atrae á vila milleiros de visitantes procedentes de calquera parte do mundo.

    Todo comeza a tardiña do día 15 de xullo, cando dende a igrexa local se inicia a procesión de baixada da santa cara ao porto, onde se chega logo de que centos de veciños acompañen a imaxe mentres é levada nos ombreiros polos mariñeiros sobre un camiño de palmas. Minutos despois as sereas da lonxa pesqueira anuncian a chegada da santa ao peirao, onde se oficia unha misa e se vela a patroa toda a noite.

    Na longa noita do día 15 tamén a troula xuvenil invade a vila, o que se ve reflectido nas facianas dos mozos o día 16, cando pola mañá ten lugar a tan esperada procesión marítima.

    Logo da misa oficiada nas dependencias portuarias, a virxe é embarcada no pesqueiro que, logo dun sorteo, resultou agraciado coa posibilidade de albergala.
    Os barcos cariñeses, ateigados de xente, sacan a santa cara aos espectaculares cantís de Ortegal onde se realiza unha simbólica ofrenda floral en memoria de todos aqueles mariñeiros que deixaron a súa vida nestas bravas augas que dividen o mar Cantábrico e o océano Atlántico.

    O percorrido dura un par de horas, e ao longo del os participantes poden degustar de maneira totalmente gratuíta empanadas, mariscos, viños e outros manxares.

    Ao rematar a travesía, a xenuína Danza de Arcos de Cariño agasalla aos milleiros de persoas congregadas no porto co seu tradicional baile, cuios pasos foron transmitidos e conservados ao longo dos anos de xeración en xeración.

    A procesión remata coa volta da santa cara á basílica cariñesa.


    Compartir