Skip to main content

Festa da Freba

Arquivos adxuntos
Festa da Freba
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurensePetín
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

Un evento moi característico e peculiar de Petín é a “Festa da Freba”, que se realiza dende o ano 1998. A esta festa achéganse veciños tanto de Petín como dos arredores, como xente que ven de lonxe para asistir a dita festa (A Coruña, Madrid etc..). 

Realízase a principios do mes de Decembro, época típica das matanzas dos porcos, que se fan en todo o Concello, polo que se considera unha festa gastronómica típica de interese cultural.

Como en tódalas edicións anteriores, acondiciónase unha carpa ubicada nas inmediacións do Teleclub. 

A implicación veciñal é importante. Como todos os anos colaboran de forma desinteresada na elaboración do menú. Dende primeira hora afánanse para que todo esté a punto para a cea. 

Na última edición degustáronse 350kg de freba, 150kg de chourizos, 300kg de callos, 40 roscóns, pan, viño e licor café.   

Compartir

feiras deputacion ourense