Skip to main content

A faguía de Carnés

Arquivos adxuntos
A faguía de Carnés
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaVimianzo
Descripcion

Esta festa, de índole relixiosa, pero tamén gastronómica celébrase cada 9 de xullo, véspera de San Cristovo,

Esta celebración foi recuperada no ano 1981 por iniciativa dun grupo de veciños da parroquia. Aínda que segue a conservar moitos elementos herdados do pasado, que comentaremos máis adiante, o acto central é a degustación dos callos.

Xa o 9 de xullo, aproximadamente ás seis da mañá, despois dunha tirada de fogos anunciadores, comeza a cocedura dos callos na caseta que está dentro do mesmo recinto onde se vai celebrar a festa e que fora construída alá polo 1832 pensando para este fin.
Cada pota pertence a unha familia de Carnés; chámanlle pota da Faguía ou de San Cristovo e cédenlla á comisión precisamente para a cocedura dos callos.
Ao redor das dez ou once da mañá comezan a estar listas as primeiras potas de callos.
Xa cara ao mediodía os veciños da parroquia achéganse con potas para levar uns poucos callos ás súas casas

Compartir