Skip to main content

XV FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA

Arquivos adxuntos
XV FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA
Cando ten lugar
Hora: 
10.00 h.
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaLugoFonsagrada (A)
Lugar: 
Descripcion

Deputación e Concello impulsan esta fin de semana

a XV Feira do Butelo da Fonsagrada

 

- A Vicepresidenta Segunda e o Alcalde presentaron unha nova edición da cita gastronómica, na que se poñerán á venda 10 toneladas de butelos a prezos de entre 9 e 12 euros

- En anteriores convocatorias, cada establecemento vendeu unha media de 3.500 unidades deste produto e acadou un volume de negocio superior ós 20.000 euros

- A feira contará con 64 stands de derivados do porco, produtos autóctonos ou pezas artesanais de profesionais de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León ou Madrid

 

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, presentaron este venres a XV Feira do Butelo que acollerá esta fin de semana, 11 e 12 de febreiro, dito municipio da Montaña luguesa. Lara Méndez salientou a colaboración do organismo provincial co Concello fonsagradino na organización deste certame, “pois consideramos fundamental dinamizalo sector primario, os nosos produtos, para que sexa un dos eixos que nos axude a saír da difícil situación económica que atravesamos”. “Apoiando esta convocatoria, estamos a facer unha inversión con retorno, pois a celebración da Feira do Butelo ten efectos moi beneficiosos no Concello da Fonsagrada e na comarca, xérase riqueza e poténciase un sector básico na provincia”, argumentou a Vicepresidenta.

 

Nesta mesma idea incidiu o alcalde fonsagradino, asegurando que “o esforzo para o Concello é bastante grande, pero apostamos por esta feira porque é algo prioritario para que o noso rural siga vivo, para poñer en valor os nosos produtos e o noso medio de vida”. Neste senso, Argelio Fernández engadiu que “a colaboración da Deputación é fundamental” para sacar adiante o certame.

 

Gran parte das 3.460 explotacións de gando porcino radicadas en Lugo sitúanse na comarca da Montaña. Ademais, concretamente na Fonsagrada, están afincadas dúas das tres empresas existentes na provincia adicadas á elaboración, transformación e comercialización do Porco Celta. Precisamente, estas dúas entidades, que son “Porco Celta Fonsagrada” e “Porco Celta Real A Fonsagrada”, participarán neste evento gastronómico. Xunto a elas, estarán “Casa Castelao”, “Butelo Tita” e “Embutidos Buena Vista”. Todos eles son negocios fonsagradinos que porán á venda unhas 10 toneladas de butelos a prezos de entre 9 e 12 euros. En anteriores edicións e por productor, chegáronse a vender unhas 3.500 pezas, acadando un volume de negocio de máis de 20.000 euros, tendo en conta ademais as adquisicións doutros derivados, que tamén estarán á venda nesta convocatoria, como cachuchas, lacóns, touciños ou chourizos.

 

Os expositores

En total, no recinto haberá 64 stands ocupados por profesionais procedentes, ademais da Fonsagrada, de diferentes Concellos de Lugo, -Navia de Suarna, Folgoso do Courel, O Corgo ou Palas de Rei-, e de Galicia, así como de Asturias, Cantabria, Castela e León ou Madrid. Os expositores contarán con produtos gastronómicos -pan, doces, queixos, mel, licores-, artesanais -coitelos, navallas, zocos, pezas de prata ou coiro-, xoguetes ou manualidades feitas por colectivos, como a Asociación de Mulleres Rurais de Negueira de Muñiz e a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros. A XV Feria do Butelo arrinca mañá sábado, ás 10:00 horas, coa apertura do recinto feiral, ás 12:00 será a inauguración oficial, que inclúe unha actuación do grupo de gaitas e de danza de Antaruxas e Sorteiros. A carpa pechará ás 19:00 horas. O domingo, o horario será o mesmo, de 10:00 a 19:00 horas.

 

Compartir