Skip to main content

FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia

Arquivos adxuntos
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
 FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO, Ribadavia
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseRibadavia
Lugar: 
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

http://feiravinoribeiro.com/

A Feira do Viño do Ribeiro chega este ano a súa 55ª edición, cun programa de actividades que aglutina viño, gastronomía e música, durante os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio, no recinto da Alameda, no municipio de Ribadavia. A celebración foi presentada hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura de Ribadavia, María López Touza; e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.

 

A Deputación de Ourense colabora con esta tradicional celebración que se converteu “nun gran escaparate dos viños desta Denominación de Orixe, ensinando ao público a calidade dos caldos desta zona da nosa provincia”, dixo Rosendo Fernández, quen salientou que “o viño, é un excelente dinamizador da economía da nosa provincia”, pois Ourense conta con catro das cinco Denominacións de Orixe galegas”.

 

Nesta edición participarán un total de 36 adegas que ofrecerán máis de 100 variedades de viños aos visitantes que se acheguen a Ribadavia durante estes catro días de celebración. Para elo, o público que asista deberá mercar os tickets de puntos e a súa copa na caseta de venda que está situada á entrada do recinto. Os visitantes despois poderán visitar as casetas das diferentes adegas para degustas os viños a través dunha proba, copa ou por botella, tendo cada opción un custe diferente marcado por cada adega.

 

Pola súa parte, Juan Manuel Casares destacou que a Denominación de Orixe do Ribeiro é “a máis antiga de Galicia” e o papel que exerce a viticultura como “motor económico de todo o territorio”. Así mesmo, explicou que “a actividade fundamental da Feira é a cata popular, organizada polo Consello Regulador do Ribeiro, na Igrexa da Madalena”. A cata comezará o sábado, 28 de abril de 16.00 a 21.00 horas e continuará o domingo de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. O presidente do Consello Regulador dixo que esta actividade mantén o mesmo formato que en edicións anteriores, na que é o público o que cata a cegas os viños das marcas que participan na Feira, para decidir qué caldos merecen os premios aos mellores viños e os premios aos mellores catadores.

 

A programación da Feira do Viño do Ribeira continúa a incluír “valores que funcionan como showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, e continuamos a apostar polas últimas novidades destas edicións de actuacións musicais en directo e zona gastronómica con Food Trucks”, explicou a concelleira de Cultura de Ribadavia. Así mesmo, María López destacou, de entre a programación, “un proxecto no que tódolos nenos, recolleron na súa casa palabras vencelladas ao mundo do Ribeiro e ao mundo do viño, e fixeron un acio de uvas con esas palabras e, con ese deseño, fixemos unha botella con seis metros de altura que vai a estar no recinto”. Para os máis cativos haberá ademais unha showcookings infantís, unha zona infantil de xogos, entre outras actividades

 

A Feira tamén inclúe unha visita nocturna teatralizada do Castelo e das rúas do municipio, visitas ao Castelo dos Sarmiento en Ribadavia, espectáculos de maxia “Ribeiromaxias”, zonas de artesanía, entre outras actividades.

 

 

 

Compartir