Skip to main content

Convocatoria de Prensa Feira do Viño do Ribeiro

Arquivos adxuntos
Convocatoria de Prensa Feira do Viño do Ribeiro
Cando ten lugar
Hora: 
11.00 h.
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseRibadavia
Descripcion

AS ACTIVIDADES ENOGASTRONÓMICAS, COMA EIXO PRINCIPAL, PROTAGONIZARÁN A NOVA IMAXE DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

 

A Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará en novas datas (1º fin de semana de maio 4, 5 e 6) respecto aos anos anteriores, ofrecerá a todos os seus visitantes unha chea de actividades relacionadas coa gastronomía, o enoturismo e a cultura do viño, en xeral, tendo como eixo principal o viño da D.O. Ribeiro.

Dentro do novo contexto no que se pretende posicionar á Feira, terá moita importancia a súa combinación e harmonización coa gastronomía, polo que unha das principais novidades que se implantarán serán neste eido.

Co gallo da presentación das actividades enogastronómicas que terán lugar nos días de celebración da Feira, CONVÓCASE UNHA ROLDA DE PRENSA PARA AS 11:00 HORAS DO MÉRCORES, DÍA 7 DE MARZO DE 2012, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE RIBADAVIA.

Os participantes na rolda de prensa serán:

• Marcos Blanco Jorge – Alcalde do Concello de Ribadavia.

• José Prieto Pérez – Concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Ribadavia.

• Representante do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

• Daniel Guzmán – Representante dos cociñeiros participantes nas actividades.

 

Compartir

feiras deputacion ourense