O próximo mes de agosto, Foz celebra unha nova edición da súa festa normanda, na que apostarán por reforzar o compoñente cultural sen descoidar o contido lúdico desta. Confírmase a participación do Grupo Taranis e Gallaecia Ulf, especialistas na recreación histórica de temática nórdica.