A parroquia de Labrada está situada a 14.3 km do núcleo municipal e conta, segundo Padrón do 2005 con 313 habitantes, agrupados en 39 entidades poboacionais.
Destaca de Labrada a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do mosteiro de Monfero. A parroquia creouse no século XIII perante a necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio. Así, construíuse un pequeno conxunto monástico, que se chamou A Granxa. Xunto co complexo monástico da Granxa destaca a igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Mallo. Templo románico reconstruído nos s. XVII e XVIII.
Tamén destacan as mámoas ou medorras, como son a Medorra de Formosa, en O Castro, ou a Medorra da Pena dos Nenos, na Serra da Loba. Ademais temos que subliñar os castros. Tanto o castro de Margá, na aldea do mesmo nome, do que cabe destacar a súa ubicación nunha ladeira da colina, en vez de estar situado nun alto, como é costume; e o castro da Torre, en A Torre.
ACTOS LITÜRGICOS: MISA SOLEMNE a las 13.30 los dos dias cantada por el CORO DE LA UNED SENIOR de MOMAN