Nun primeiro momento estaba previsto o día 13 de outubro como data de celebración da 1ª FEIRA DA NOZ, pero decidiuse pospoñela polas seguintes razóns:
1.- a data anterior resultaba moi prematura para os traballos de recollida, secado e selección de noces.
2.- naquelas datas aínda se estaba con traballos de vendimas.
3.- non parecía oportuno celebrala en medio dunha campaña electoral.
concerto coa actuación das seguintes corales:
Coral polifónica Casino de O Carballiño
Coral polifónica Ecos do Avia de Ribadavia
Coral polifónica Val do Avia de Leiro
Refúndese coa FESTA DO LICOR café, que este ano alcanzaba a súa 30 edición.
O gran obxetivo da1ª FEIRA DA NOZ E DO LICOR CAFÉ é reivindicar os nosos productos agrarios como alternativa de futuro en momentos de crise apostando por un decidido modelo de desenvolvemento sostible do medio rural. Queremos que esta Feira sexa xermolo dun aproveitamento dos recursos agrarios esquecidos tomando como gran referente a noz.
A súa relación co Licor Café como 2º gran referente, transcende o interés promocional da Feira. Queremos apostar pola aplicación das noces á repostería, xa que os doces con noces e o licor café conforman unha maridaxe gastronómica deliciosamente atractiva.