A partir das 17.00 horas comezará o obradoiro de baleirado de cabazas, onde os máis pequenos terán a oportunidade de divertirse xunto cos monitores que estarán con eles. Posteriormente, as 19.00 horas, terá lugar a Procesión das Cabazas, que este ano modifica o seu percorrido para saír da rúa Colón e pasar pola Praza Maior, Praza do Trigo, Hernán Cortés, Praza de San Marcial, rúa Liberdade e rematar novamente na Praza Imprenta. A Concellería de Cultura porá a disposición dos participantes unhas 500 cabazas. A Concellería de Cultura ponse en contacto cos colexios da cidade para animar aos rapaces e rapazas a participar.
Festa do Samaín
A festividade do Samaín procede da tradición céltica, e descríbese como a comunión dos espíritos dos difuntos, que nas datas do 31 de outubro e 1 de novembro tiñan autorización para camiñar entre os vivos, ofrecendo a posibilidade aos vivos de reunirse cos antepasados mortos. Na década dos 90 recuperouse en Galicia, onde históricamente era habitual nestas datas coller cabazas e facer con elas caras aterradoras. As cabazas iluminábanse e colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas para asustar aos caminantes.