Skip to main content

Romaría Nosa señora dos Ollos Grandes de Augas Santas

Arquivos adxuntos
Romaría Nosa señora dos Ollos Grandes de Augas Santas
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaLugoPantón
Descripcion

Na festa venerábase tanto á virxe como ás augas dunha fonte á que se atribuían poderes case máxicos.

O templo de Augasantas non é o primitivo. E sabemos que con anterioridade ao santuario cristián houbo outro pagán, onde se rendía culto aos ídolos ( o sol, a lúa, as ninfas que protexían a auga...). Cando se cristianizou a comarca, substituíuse este culto polo da nova relixión.

Nas proximidades de Augasantas existe un lugar chamado “Paderne”, nome que os celtas utilizaban para designar ao deus Saturno. Tamén cerca, nas faldras do castro de Toldaos, existe unha pedra cadrada que, probablemente, puido ser un ara para sacrificios. O máis característico desta romaría é cumprir co ritual de acercarse á fonte (antes pequena lagoa) a cuxas augas se atribúen propiedades curativas. Din os expertos en medicina que ó tratarse de augas sulfurosas están especialmente indicadas para curar afeccións da pel (eccemas, erupcións) e en procesos reumáticos de tipo inflamatorio, dexenerativo e metabólico.

Hoxe en día, celébrase o segundo domingo de setembro.

Compartir