Aríns (Santiago de Compostela)Campo da Festa na r/ San MariñoGPS: 42º51´50" / 8º30´14"18:30 h.
Os Concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces xuntámonos para desenvolver diversas accións encamiñadas a acadar os seguintes obxectivos:
Consolidar a recuperación do Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural.
Dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e convertíndoo nun atractivo turístico de primeiro orde nas datas do entroido galego.
Desenvolver unha campaña de promoción conxunta.
Acadar a Declaración de Festa de Interese Turístico para o Entroido da Ulla.
Facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno á temática do Entroido da Ulla.
Favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.
https://xeneraisdaulla.gal/calendario/