Skip to main content

XXII Festa do Ourizo de San Ciprián.

Arquivos adxuntos
XXII Festa do Ourizo de San Ciprián.
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Descripcion

A conselleira do Mar e a delegada da Xunta estarán presentes na XXII Festa do Ourizo

 

-Rosa Quintana inaugurará os actos e Raquel Arias encargarase de clausuralos

-Os cociñeiros con estrela Michelin Pepe Solla e Pepe Vieira deron a coñecer os ingredientes dos 6 pratos que prepararán no show cooking

 

Cervo, 7 de marzo de 2013-A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estarán presentes este sábado na XXII Festa do Ourizo de San Ciprián. A conselleira será a encargada de inaugurar, ás 11:30 horas, as XII Xornadas Técnicas, un acto co que se marcará oficialmente o inicio desta cita gastronómica. Pola súa banda, a delegada clausurará as xornadas, nas que se inclúen a charla de Pilar Lechuza (www.lacocinadelechuza.com/) e o show cooking a cargo dos cociñeiros Pepe Vieira e Pepe Solla.

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu aos representantes do goberno da Xunta que aceptasen o convite realizado dende o Concello de Cervo para asistir a esta festa de Interese Turístico Galego. Villares destaca que nos últimos anos “recibimos a visita de numerosas autoridades que viñeron a amosarnos o seu apoio a esta cita gastronómica”.

 

Ademais das autoridades que asistirán, hai máis novidades ao redor desta festa, como son os pratos que prepararán os cociñeiros con estrela Michelin Pepe Solla e Pepe Vieira. Cada un elaborará tres especialidades diferentes nas que mesturarán o sabor do ourizo con outros ingredientes, doces ou salgados, e cos que demostrarán a versatilidade do equinodermo. Ao mesmo tempo, tamén combinarán pratos nos que o ourizo se poderá degustar enteiro e servido con acompañamento, con outros nos que o ourizo se mesturará con máis produtos para dar lugar a cremas e salsas.

 

En concreto, Pepe Solla ten previsto preparar os ourizos en cru acompañados dunha crema de apio nabo e wasabi; tamén fará unha crema de ourizo para dar sabor a mar a uns ravioli; e unha pre sobremesa de cítricos, chocolate e ourizo. Pola súa banda, Pepe Vieira mesturará o ourizo con mazá; preparará o ourizo cunha caldeirada de algas e servirá aguacate con escuma deste equinodermo.

Compartir