Skip to main content
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 44851 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10941 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11515 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10964 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE (t.language ='es' OR t.language ='' OR t.language IS NULL) AND ( t.vid = 44 )ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.

42ª edición da Festa do Peixe de Bande

Arquivos adxuntos
42ª edición da Festa do Peixe de Bande
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Descripcion

“A Festa do Peixe é unha das que maior arraigo popular ten na provincia de Ourense –explicou Manuel Baltar-, proba delo son os milleiros de persoas que nestas datas, ás portas do verán, se achegan a Bande para gozar duns días de lecer, nun evento que xungue tradición, deporte, divertimento e un sinalado respecto pola natureza e o medio ambiente”, dixo o presidente provincial.

 

Pola súa banda, José Antonio Armada destacou que a festa “debe o seu nacemento á iniciativa dun grupo de amigos que compartían a súa paixón pola pesca, e que hai máis de corenta anos decidiron realizar un concurso piscícola. Esta iniciativa consolidouse grazas ao apoio dos veciños e de institucións como a Deputación de Ourense, e hoxe, catro décadas despois, temos consolidada unha celebración cun alto valor ecolóxico e medioambiental, que ten como principal evento o campionato de pesca”.

 

A festa recoñece a aqueles pescadores que teñen demostrado o seu compromiso cos nosos ríos, a preservación das especies e o seu coidado, e que este ano se traduce no premio especial póstumo “Antonio Rodríguez”, en memoria do concelleiro de Bande sempre vinculado ao campionato de pesca da Festa do Peixe.

 

Os organizadores destaca nesta edición o concurso “Peixiños”, onde os nenos plasman, en debuxo e plastilina, a súa visión desta festa, así como a súa relación co coidado da natureza e o respecto polo noso entorno, co obxectivo para educar e ensinar ós máis cativos a ser persoas comprometidas co medio ambiente. Neste concurso participan nenos de infantil e educación primaria dos CEIP da Comarca da Baixa Limia.

 

A edición 2013 da Festa do Peixe terá lugar o vindeiro fin de semana, os días 24, 25 e 26 de maio. Como cada ano, prevese que miles de persoas, cunha sinalada presenza de visitantes de Portugal, se acheguen a Bande para gozar desta singular festa que ten no peixe o seu atractivo principal, converténdose nunha das celebracións de gastronomía fluvial máis importantes de España.

 

Gastronomía, tradición e ocio únense nesta festa, que logo de máis de catro décadas coloca a Bande como referencia dunha cociña natural, que exalta por riba de todo o peixe, pero tamén o pan, os doces e os pratos típicos de Bande e da Baixa Limia.

 

Ademais do campionato de pesca a festa conta con obradoiros, mercados de artesanía, stands gastronómicos e unha ruta cabalar, destacando como novidade a degustación dunha empanada en forma de peixe de máis de 15 metros, que terá lugar o sábado 25 de maio.

 

 

Compartir

feiras deputacion ourense