Skip to main content

X edición da Feira Ecolóxica de Arzúa 2013

Arquivos adxuntos
X edición da Feira Ecolóxica de Arzúa 2013
Cando ten lugar
Hora: 
Todo o día
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaArzúa
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

Remata o prazo de inscrición na X Feira Ecolóxica de Arzúa, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro. O vindeiro venres día 20 de setembro finaliza o período establecido para que as e os expositores que así o desexen poidan presentar os seus produtos e servizos ecolóxicos, de artesanía e/ou terapias naturais na que será unha nova edición da meirande feira ecolóxica de Galicia.

Deste xeito, e ata o vindeiro venres día 20 de setembro, todas aquelas e aqueles interesados en dar a coñecer os seus produtos e servizos na décima Feira Ecolóxica de Arzúa poden facelo. Para entraren na convocatoria deberán cubrir o formulario de contacto que atoparán na web www.terractiva.org se ben, poden tamén contactar a través do enderezo de correo info@terractiva.org para solicitar información.

A Feira Ecolóxica cumpre dez anos, dez anos nos que a vila coruñesa se convertiu nun referente non só galego senón tamén estatal á hora de tomarlle o pulso ao sector “verde”. O público que asista terá ao seu dispór ducias de postos de diversos produtos e servizos naturais, poderá ver cales son as principais novidades no eido ecolóxico e, como non, terá tamén acceso aos produtos locais que as e os feirantes do 8 e o 22 levan décadas promovendo.

Arzúa será de novo a capital galega da ecoloxía na primeira fin de semana de outubro e serao nunha edición especial como é a décima. Punto de encontro de artesáns, consumidores, produtores e público, a Feira Ecolóxica arzuá converterase un ano máis no viveiro das últimas novidades e formas de vida máis respectuosas coa contorna e cos seus habitantes.

Compartir