A VIII Festa Gastronómica do Porco Celta de Beariz, con vocación de obter a
declaración de interese turístico, naceu como acción de difusión e
enxalzamento desta raza porcina autóctona en perigo de extinción así como
para promover o seu consumo e, polo tanto, a súa produción; feito este que
contribúe á recuperación económica dunha zona especialmente afectada pola
emigración.
Cada edición réndese homenaxe a algún dos países que acolleron tantos
emigrantes dos concellos de Beariz, Avión... Este ano elixiuse Cuba para
render esa homenaxe.
Celebrarase de forma simultánea un Mercado Celta de artesanía e
alimentación no que,habrá postos de artesanía e alimentación e
realizaranse diversos talleres.