A Feira Revenida nace como extensión ás Revenidas, un dos festivais de música máis potentes do noso país www.revenidas.com/web, que se celebra desde hai anos en Vilaxoán (Vilagarcía).
Música e gastronomía, ás que este ano se suma esta Feira Revenida na que teñen cabida: artesanía, roupa, novos creadores, libro, disco, audiovisual, xogos, fotografía, ilustración, cómic, instrumentos, segunda man, produtos ecolóxicos, alimentación artesanal envasada, e outro tipo de propostas que van ter neste mercado o seu escaparate e forma de chegar á xente.
Non se inclúe nesta Feira Revenida produtos de alimentación ou bebida para consumo no recinto, xa que a organización do evento das Revenidas ten unha zona moi ben dotada e a prezos populares para esa finalidade.