Skip to main content

NOITE MEIGA EN RIBADAVIA

Arquivos adxuntos
NOITE MEIGA EN RIBADAVIA
Cando ten lugar
Hora: 
19.00 h
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseRibadavia
Lugar: 
Descripcion

Descrición:

A Noite Meiga é una festa en honor a Samaín.

 

PROGRAMACIÓN NOITE MEIGA 2014

 

VENRES, 31 OUTUBRO

19:00h. Concerto Terrorífico a cargo da Banda Infantil Luis Costa na

Madalena. Entrada de balde.

20:00h. O Misterio do Terrorifico Sr. Euribor a cargo de O Correo do Vento,

contos e obradoiro de debuxo na Madalena. Entrada de balde.

 

SABADO, 1 NOVEMBRO

17:00h.-19:00h. Baile de Feiticeiros, para nen@s no Club Artístico. Entrada

de balde.

17:00h.-19:00h. Photocall Meigo a cargo de Garabato-Photo no Club Artístico.

17:00h.-1:00h. Mercadiño Meiga de Artesanía nos soportais da Madalena.

19:00h. Desfile Infantil, saída dende o Club ata a Praza Maior.

21:30h. Gran Desfile da Noite Meiga, saída dende San Francisco ata a Praza

Maior.

22:00h.-1:00h. Pasaxe do Terror, no Castelo a cargo de Cometa Espectáculos,

Marañao Teatro e voluntari@s do Ribeiro. Ten un custo de 4€. A entrada é

polo xulgado. Espectaculo para maiores de 12 anos. O aforamento é limitado

polo que as entradas terán unha hora específica, pasada esa hora as

entradas serán anuladas. A venda de entradas anticipadas comeza o venres 24

de Outubro en Entretempos e despois o resto de entradas venderanse o día da

festa na oficina da M.I.T na Praza Maior a partir das 20:00h.

22:00h.-1:00h. Bebedizos Mortais con Cadeliños Quentes, posto oficial da

Asociación Ribadavia Activa-T, na Praza Maior.

22:00h. Gala de Lume, espectáculo de lume con malabares, mazas, escupelumes,

cremacións, cadeas...a cargo de SesaDis Espectaculos na Praza Maior.

22:30h. Actuación de "As Lajartas" na Praza Maior.

22:45h. Aquelarre das Meigas cos Tabaleiros da Istoria, na Praza Maior.

23:00h. Ilusionista Mago Marco, para tódolos públicos.Onde verán unha

viaxe polas diferentes facetas do ilusionismo, maxia con pombas, mentalismo,

manipulación, escapismo, grandes ilusión,... Na Igrexa da Madalena e ten un

custo de 2€.

00:15h. Gran Queimada co Bruxo Queiman, unha Meiga e un Diaño Tragalumes

todos eles de Troula, na Praza Maior.

00:50h. Actuación de "As Lajartas" na rúa Progreso.

00:55h. Aquelarre das Meigas cos Tabaleiros da Istoria na rúa Progreso.

1:00h. Concerto fin de festa a cargo do grupo: FESTICULTORES TROUPE. que

convirten cada festival polo que pasan na maior pista de bailer do mundo. Son

os maís experimentados cultivadores de festas de Galicia. A Entrada en de

balde no Club Artístico entrando pola porta traseira.

1:00h.-2:00h. Photocall Meigo a cargo de Garabato-Photo no Club Artístico.

 

CONCURSOS

Cabazas: con duas categorias, infantil e senior. As cabazas teñense que

entregar na Praza Maior dende as 22:15h. as 23:30h. O Premio é un Diploma e

un Agasallo Meigo.

Ambientación Locais da Hostalaría: o xurado visitara os locais o venres dia

31 de Outubro a partires das 20:00h.. O premio é un Diploma e un Agasallo

Meigo.

Decoración de Escaparates: organizado por E.A.R.(Establecementos Asociados

do Ribeiro), o xurado visitará os locais o mércores 29 de outubro. O premio

será unha cea para dúas persoas.

Mellor Disfraz: con dúas categorias, infantil e senior. O premio será un

Diploma e Agasallo Meigo.

As 00:00h. farase a entrega de premios dos Concursos Meigos na Praza Maior,

menos os dos Concurso de Disfraces, que se darán no Club Artistico,o

infantil ás 18:00h. e o senior as 2:00h.

 

Pedimos a todalas persoas que non poidan vir vestidos de meigas, bruxos,

ánimas do purgatorio, feiticeiros, lobisomes,.... o fagan de cor negra para

afastar os espiritus endemoñados que nos roldarán nesta Noite meiga...

 

Ribadavia Activa-T, agradece a participación e colaboración de tod@s os que

dalgún xeito fan posible a celebración desta Noite Meiga.

 

Compartir

feiras deputacion ourense