Skip to main content

Feira das Industrias Culturais Culturgal 2014

Arquivos adxuntos
Feira das Industrias Culturais Culturgal 2014
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraPontevedra (Capital)
Descripcion
Culturgal convértese no espazo ideal para a presentación de produtos, proxectos e marcas, en vésperas da campaña de Nadal, tanto dirixidos a público xeral, profesionais, institucións ou clientes privados.
Culturgal é un escaparate e un espazo de intercambio.
 
Xestión Cultural, Música, Libros, Patrimonio, Lingua, Tecnoloxía, Audiovisual, Infantil, Artes Escénicas, Gastrocultura, etc. Culturgal é unha Feira ampla, diversa e, sen dúbida, rendible para os diferentes expositores que participan nela.
Rendible en visibilidade para marcas e empresas e, tamén, rendible en termos de negocio.


Nesta edición o prazo para solicitar stand na Feira prolóngase durante case cinco meses, até o 31 de outubro. Aquelas empresas, entidades, institucións e creadores que fagan a súa reserva antes do 30 de agosto terán redución de prezo, como ven sendo habitual no Culturgal, que mantén as tarifas de 2013. Ademais establécense descontos para as empresas asociadas de Culturgal. Os expositores con stand en Culturgal 2014 contan ademais con vantaxes adicionais como actividades profesionais, a posibilidade de realizar vendas a través da tenda da Feira e gozar de prioridade á hora de propoñer presentacións de proxectos ou produtos na programación oficial.
http://culturgal.com/informacion-util/reserva-o-teu-stand-en-culturgal/


Compartir