Skip to main content

FESTA “XOÁN BOSCO EN AMENCER’2015”

Arquivos adxuntos
FESTA “XOÁN BOSCO EN AMENCER’2015”
Cando ten lugar
Hora: 
11.15 h.
Ónde ten lugar
Descripcion

AMENCER organiza, como tódolos anos por estas datas, a festa do seu patrón San Xoán Bosco. Para festexar o noso patrón dende AMENCER organízanse diversos actos diferenciando os destinatarios.

Este ano os actos centraranse este sábado 31 coincidindo co propio día da festividade de San Xoán Bosco 31 de xaneiro. Ademais celebraremos o inicio dos actos do bicentenario do nacemento de don Bosco realizando algún xesto que se continuará en todo este curso até chegar ao 16 de agosto, día do seu aniversario.

 

 

XOAN BOSCO EN AMENCER – FESTA INFANTIL

Os máis cativos, os rapaces e rapazas dos grupos de Buxaina, Andaina e ADS, nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade, levan semanas preparando a festa e este sábado 31 pola mañá, dende as 11’15 ate as 13’00 terán a súa grande festa.

Ao principio da maña ultimarán as súas actuacións. Cada grupo preparará varios números artísticos ademais da presentación e dos decorados.

E sobre as 11:30 h. haberá unha velada artístico-musical organizada polos propios rapaces/as de ADS, ANDAINA e BUXAINA. no salón de actos do colexio salesiano, onde se invita ós pais e nais dos protagonistas da festa. Sobre as 13’00 horas remataremos a festa cun ágape compartido onde todos e todas celebraremos o noso patrón degustando produtos aportados por todos. Será no comedor do colexio salesiano. E así rematará a festa dos máis cativos.

 

XOAN BOSCO EN AMENCER – FESTA XUVENIL

Os mozos e mozas, e animadores e animadoras de AMENCER xuntarémonos sobre as19:40 horas nos locais de AMENCER ou as 20:00 na catedral onde teremos unha eucaristía de toda a Obra salesiana de Ourense presidida polo Sr. Bispo.

Posteriormente, ás 21’00 teremos un momento lúdico onde os que o desexen poderán participar en varias competicións deportivas nos campos do colexio salesiano e outro grupo terá unha grande xogo de rastrexo utilizando as novas tecnoloxías polo casco vello da nosa cidade.

Sobre as 23’15 horas teremos a nosa cea onde compartiremos a mesa tódolos que traballamos e nos divertimos en AMENCER durante o ano no comedor do colexio salesiano. Tamén faremos a despedida oficial da nosa voluntaria italiana que compartiu connosco este curso tarefas de voluntariado a través do voluntariado europeo no que todos os anos participan varios mozos e mozas en Amencer.

 

Sopraranse as 200 velas polo aniversario de don Bosco e remataremos todos xuntos na sala aberta cunha ampla oferta de actividades lúdicas no que todos participaremos dun xeito informal. Sobre a 01'00 hora da madrugada remataremos a nosa festa xuvenil de San Xoán Bosco.

Compartir

feiras deputacion ourense