Skip to main content

Etroido en Cambados

Cando ten lugar
Data: 
21/02/2025 - 26/02/2025
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades organizadas para o Entroido, do 21 ao 26 de febreiro, no que se distribuirán máis de 7.500 euros en premios. Os festexos comezarán o venres 21 coa parodia do concurso “A Túa cara sóame” dende as 22:30 na Praza de Alfredo Brañas.

O sábado pola tarde haberá actividades e obradoiros para nenos no parque de Torrado e xa o domingo será o día grande co Desfile de Carrozas que sairán ás 17 horas da Escalinata de San Tomé ata a Praza de Fefiñáns.

O luns 24 será o baile infantil organizado en colaboración coa Cofradía de Pescadores San Antonio, a partir das 17 horas no Salón Peña.

O martes 25 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces e de Comparsas dende ás 17 horas na Praza de Alfredo Brañas. O concurso de Comparsas, terán que realizarse no Auditorio da Xuventude en caso de choiva.

Xa para rematar, o mércores de cinza os cambadeses enterrarán ás longas esperas na Sanidade Pública. Os alumnos do Obradoiro de Emprego imitarán estar nunha sala de agarda durante o percorrido que sairá ás 19 horas dende o Concello ata a Praia de San Tomé onde se ofrecerá a homilía a cargo do Frade Goio.

A programación do Entroido foi presentada esta mañá polo edil de cultura, Tino Cordal, acompañado do concelleiro de economía, Xurxo Charlín, e da directora do Obradoiro de Emprego, Bea Esteban.


https://cambados.es/entroido-en-cambados-2020/

Descarga PROGRAMA COMPLETO 2020

Desacargar PROGRAMA COMPLETO 2018

Desacargar PROGRAMA COMPLETO 2017

Compartir