Skip to main content

Entroido en A Pobra de Trives

Arquivos adxuntos
Entroido en A Pobra de Trives
Entroido en A Pobra de Trives
Entroido en A Pobra de Trives
Entroido en A Pobra de Trives
Entroido en A Pobra de Trives
Entroido en A Pobra de Trives
Cando ten lugar
Data: 
01/02/2019 - 14/02/2019
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurensePobra de Trives (A)
Quen organiza
Descripcion

Entroido e Desfile de Folións de A Pobra de Trives 2018

Día 1 de febreiro, co “Xoves de Compadres”, como manda a tradición os homes botan fariña ás mulleres e as calles da vila rematarán tinguidas de branco.

 

O día 4, domingo é a “XIV Edición do Desfile de Folións e Boteiros” organizado polo Folión Os Labregos no quen participarán máis dunha ducia de grupos. Terá a súa saída a partires das catro da tarde dende a Finca da Barreira.

 

 día 8 chega o “Xoves de Comadres”, desta volta serán as mulleres as que enfariñen aos homes, facendo que o pobo teña vida nas calles vendo como dende os máis pequenos ata os non tan nenos saen ás rúas para “divertirse” con esta guerra. E como cada ano, pola noite, a partires das nove e media ten lugar a cea na que todas as mulleres se reúnen disfrazadas festexando as comadres.

 

día 9, as rúas da vila énchense de colorido. Ás once e media da mañá arranca dende o CEIP Manuel Bermúdez Couso, o “Desfile de Entroido” da Gardería, do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, do IES Xermán Ancochea Quevedo e este ano tamén os acompañan no desfile os nenos do C.E.I.P. da Veiga.


E ese mesmo venres, ás cinco da tarde, haberá “Obradoiro de Máscaras” con baile, música e merenda na Biblioteca Municipal.
Xa pola noitiña, en Sobrado a partires das oito, correrase o folión polas rúas do pobo, esta reunión de folións é organizada pola Asociación Cultural Folión de Sobrado. Os folións participantes serán os Viticultores de Vilamartín, a AC. A Caniceira de Trives e a AC folión de Sobrado.


O sábado, día 10, tamén na aldea de Sobrado e unha vez máis sendo a Asociación Cultural Folión de Sobrado a organizadora, festexarán o Cocido Popular, e despois rematarán o día percorrendo co folión as adegas do pobo.

 
O luns, día12, está reservado para os nenos e nenas, co “Desfile e Celebración do Entroido Infantil” que comenzará ás cinco da tarde na Praza do Reloxo con animación, música e chocolatada para todos.


O martes de entroido haberá “desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas e tamén desfile de folións”. Será a partires das cinco da tarde con comenzo na Finca da Barreira e concluirá na Praza do Reloxo con Empanada e cholatada para todos.


Para participar no concurso de disfraces, carrozas e comparsas, as bases publicaránse na páxina web do concello.


Dende o Concello animamos a todos a gozar do noso entroido e a participar no concurso de disfraces e comparsas.
Remata así ata o vindeiro ano a época de entroidar e que mellor xeito de darlle despedida que co Enterro da Sardiña. Este será na tardiña do mércores 14 de febreiro e este ano está organizado polo Folión As Maceiras.

Compartir