A Feira Come Ourense, creada polo Concello de Ourense a través da súa iniciativa Come Ourense, ten por obxectivo promover os produtos locais de alimentación, tanto frescos como elaborados. A feira é de carácter mensual e itinerante: cada mes realizarase nun espazo diferente do concello. A primeira feira terá lugar na Praza Maior o sábado 28 de marzo de 10 a 14h. O resto das datas confirmadas para as feiras chegan até o verán: 25 de abril (paseo da Ponte), 23 de maio (barrio do Couto) e 6 de xuño (Praza Maior).