O programa deste ano inclúe, segundo explicou José Antonio Armada, actividades musicais e deportivas, stans gastronómicos, mercado de artesanía, campionatos de pesca e caza e unha exhibición de patinaxe, “ademais do tradicional “Charangódromo” polo que pasan cada ano as mellores charangas de Galicia”, afirmou Armada.
A Festa do Peixe é unha das celebracións de gastronomía fluvial máis importantes de España, na que tradición e ocio únense nunha celebración que, logo de máis de catro décadas, coloca a Bande como referencia dunha cociña natural, que exalta por riba de todo o peixe, e tamén o pan, os doces e os pratos típicos de Bande e da Baixa Limia.