O Pavillón das Triguerizas albergará a primeira edición da FEIRA DE NADAL, evento que contará coa presencia de comercios e establecementos de diferentes sectores: moda, calzado, mobles, decoración, deportes, vehículos, xoguetes, complementos, alimentación, doces... Esta feira preséntase como unha magnífica oportunidade para que veciños e visitantes fagan as súas compras de Nadal nun único espazo. Patrocinado por Construcciones Álvarez Ferro, a feira terá lugar o Sábado 16 de Decembro de 17:00 a 21:00 horas e o Domingo 17 de Decembro en horario de 11:00 a 21:00 horas. Vamos a sortear 10 xamóns entre os que merquedes na feira e tamén poderás degustalos. Para os máis cativos contaremos coa presenza de Papá Noel o sábado e domingo á tarde e tamén haberá un taller infantil de decoración de galletas o domingo ó mediodía (prazas limitadas. Inscripción no número 610 78 16 64). E o domingo á tarde Taller e Exhibición de "Baila Conmigo Celanova".