Unha das citas que non podes perderte do Entroido de Carballo é a do Martes de Entroido. A festa comezará ás 18.00 horas co baile de disfraces para maiores, amenizado por Rocío Pérez, no Pazo da Cultura.Media hora despois a música soará tamén polas rúas, xa que contaremos coa animación da charanga Os Charangos.E ás 21.00 horas daremos a saída do Enterro da Sardiña desde a Praza do Concello ata o Parque do Anllóns, onde unha comitiva encabezada polo grupo de teatro Vagalume Animación e a Cruz Vermella de Carballo, á que pode sumarse todo o mundo, despedirán o Entroido.