Programa 2018: Domingo 11 de Febrero,
17.30 horas con el Desfile de Comparsas, que recorrerá desde la avenida de Sanguiñeda las principales calle de la localidad. Lunes 12, 17.00 horas tendrá lugar en el Multiusos das Pozas la celebración de la Festa Infantil de Entroido, con concierto de Peter Punk y desfile de disfraces. Sábado 17, en el Multiusos das Pozas a partir de las 22.00 horas, la Fiesta de Disfraces con cena y sesión Dj.
A programación mosense do Entroido 2018 inclúe unha Festa Infantil con concerto de Peter Punk e desfile de disfraces, que se celebrará o día 12 de febreiro ás 17.00 horas no Multiusos das Pozas.
Os adultos mosenses tamén poderán celebrar por todo o alto o Entroido cunha Festa de Disfraces que inclúe cea e sesión DJ e que terá lugar o 17 de febreiro a partir das 22.00 horas tamén no Multiusos das Pozas. Esta actividade, dirixida a maiores de 18 anos, ten un prezo de participación por persoa de 20 euros e require de inscrición previa nas oficinas da OMIX sitas no edificio Multiusos.
Os cativos de Mos poderán tamén disfrutar, aprender e divertirse no habitual Campamento Infantil de Entroido que acolle a Ludoteca de San Rafael (Pereiras). Esta iniciativa, fundamental para a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais de alumnos/as que teñen que traballar durante as vacacións dos seus fillos, vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. As datas de celebración deste campamento serán os días 12, 13 e 14 de febreiro en horario matinal de 09.00 horas a 14.30 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas da OMIX no Multiusos, chamando ao teléfono 986 33 94 04, ou presencialmente na propia Ludoteca de San Rafael.
En ambas Ludotecas Municipais, a de San Rafael en Pereiras e a de Louredo, e tamén perseguindo o obxectivo da conciliación da vida familiar e laboral, impartirase o cuso de cociña ‘Cociñamos no Entroido na Ludoteca’ dirixido a nenos/as e adultos/as. Impartirase o 10 de febreiro de 10.00 horas a 13.00 horas. As inscricións deberán ser formalizadas nas oficinas da OMIX no Multiusos, chamando ao teléfono 986 33 94 04, ou presencialmente na propia Ludoteca de San Rafael.
Desfile de Comparsas
O tradicional Desfile de Comparsas do Concello de Mos celebrarase o domingo 11 de febreiro ás 17.30 horas na Avenida de Sanguiñeda.
O desfile divídese en dúas seccións: infantís ata 12 anos, e adultos, de 13 anos en adiante. Consideraranse dunha ou doutra categoría atendendo á porcentaxe de idade que teña maior número de compoñentes, como mínimo nun 60%.
A día de hoxe hai inscritas no Desfile de Mos 22 comparsas, pero ata mañá, data na que remata o prazo de inscrición, non se fará público cales delas participarán. Terán prioridade as comparsas mosenses e tamén se puntuará positivamente o maior número de integrantes. Das 22 inscritas ata o de agora, 10 son de Mos, 5 de Vigo, 2 de O Porriño, 2 de Gondomar, 1 de Salvaterra, 1 de Tomiño e 1 de Nigrán. Entre elas hai 19 comparsas de adultos e 3 infantís (as infantís son unha de Mos, outra do Porriño e outra de Vigo).
O comezo do desfile terá lugar diante do concesionario da Renault en dirección ás inmediacións da Discoteca Queen. Ao remate do mesmo haberá un DJ infantil que amenizará musicalmente a entrega de premios.
Os premios que inclúe o Concurso de Comparsas do Desfile de Entroido do Concello de Mos son: Premio único á mellor comparsa infantil, Premio único á mellor comparsa de adultos, Mención especial á mellor carroza, Mención especial ao mellor vestiario, e Mención especial animación.
Por último, sobre esta programación as representantes municipais declararon sentirse “moi orgullosas” e esperan “que sexa do agrado de todos/as os/as mosenses xa que foi deseñada e organizada con todo o cariño”, dixeron. “Sobre todo queremos que a xente o pase ben, que disfrute, que para iso é o Entroido”.