Skip to main content

Entroido Pontevedra

Arquivos adxuntos
Entroido Pontevedra
Cando ten lugar
Data: 
09/02/2020 - 09/03/2020
Descripcion

Programa Entroido 2018

Don Fodorico Augusto Bastante sacudiu as cinsas do ano pasado e xa loce a súa plumaxe en Poio. ¡Chegou o Entroido! E este ano ven cargadiño de actividades para as crianzas e os adultos por todo o municipio. Porque o Entroido e algo para desfrutar todos xuntos. ¿Xa tes o teu disfrace? Seguro que sí. Pois apúntate no concurso do Desfile de Entroido 2018. Podes facelo de xeito individual, en parella ou con amigos, porque moitos premios están agardando por vos. Podes inscribirte na Casa Consistorial do 1 de febreiro ao 8 de febreiro, de 8:30 a 14:30 horas.

Descargar programa PDF | Percorrido Desfile Entroido

PROGRAMACION ENTROIDO 2018

VENRES 09 FEBREIRO | OBRADOIRO DE MÁSCARAS

17:30 h. Biblioteca Municipal de Poio.

Organiza: Concellería de Cultura e Festexos.


DOMINGO 11 FEBREIRO |  DESFILE DO GALO BRUXO ( SAMIEIRA)

12:00 h. Saída do Camiño. Real ata o campo de fútbol Río de Bois.

Organiza: SCD Samieira. Colabora: Concello de Poio.


DOMINGO 11 FEBREIRO | DESFILE DO ENTROIDO DO CONCELLO DE POIO

16:30 h. Saída do desfile Campelo (San Xoán) | BASES DO CONCURSO

Preside o noso GALO FODORICO AGUSTO BASTANTE

16:30 h. Saída do desfile

Animación musical orquestra “NEVADA BAND” e entrega de premios ao remate do Desfile A SECA- San Xoán.

Organiza: Concellería de Cultura e Festexos.


MARTES 13 FEBREIRO | OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

17:30 h. Biblioteca Municipal de Poio

Organiza: Concellería de Cultura e Festexos.


MÉRCORES 14 FEBREIRO | BAILE INFANTIL DE DISFRACES (COMBARRO)

Desde ás 17:00 h na Comunidade de Montes de Combarro.

Organiza: A.C Ateneo Corredoira - Colabora: Concello de Poio.


SÁBADO 17. FEBREIRO |  BAILE INFANTIL DE DISFRACES (SAN XOÁN CAMPELO

Desde á 16:30 h no Local Social.

Organiza: A. VV. Campelo - Colabora: Concello de Poio.


DOMINGO 18 FEBREIRO | BAILE DE DISFRACES (RAXÓ)

Desde ás 17:00 h no Centro Cultural Xaime Illa.

Organiza: S.C.D Raxó - Colabora: Concello de Poio.


SÁBADO 24 FEBREIRO | ENTERRO DO GALO BRUXO (SAMIEIRA)

20:30 h. Saída de Arén ata o campo de fútbol de Río de Bois.

Organiza: SCD Samieira Colabora: Concello de Poio.

SÁBADO 24 FEBREIRO | FESTA DA FILLOA

12:30 h. Paseo marítimo ata a Praza da Chousa.

Organiza: A.C Ateneo Corredoira Colabora: Concello de Poio.


SÁBADO 3 MARZO |  ENTERRO DO BERBERECHO (SAN SALVADOR_LOURIDO)

19:30 h. Saída do Parque de Costa Xiráldez ata o aparcadoiro da Avenida da Praia.

Organiza: A. VV. Lourido Colabora: Concello de Poio.


SÁBADO 10 MARZO |  ENTERRO DO GALO FODORICO (SAN XOÁN-ARÍS)

20:00 h. Saída do cortexo fúnebre da Praza do Mosteiro Incineración na Praza de Arís (San Xoán).

Organizan: A.C.V. Ronsel e Concellería Cultura e Festexos.

VI FESTA DO CHOQUEIRO

Organiza: A.C.V. Ronsel


DESFILE DE ENTROIDO - BASES DO CONCURSO

DOMINGO 11 FEBREIRO 2018.

1) Os premios do concurso adxudicaranse nas seguintes Categorías:

  • Individuais: premios nos respectivos apartados de Infantil, Adulto, Especial Choqueiro e Especial Animación
  • Parellas: premios nos respectivos apartados de Infantil, Adulto, Especial Choqueiro e Especial Animación
  • Grupos (mínimo 5 persoas): premios nos respectivos apartados de Infantil, Adulto, Especial Choqueiro e Especial Animación

2) Os premios serán entregados ao remate do Desfile previa deliberación. Entregarase diploma acreditativo que será canxeable polo premio na Tesourería Municipal.

2)  As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 30 persoas e con música propia. Participan no desfile fóra de concurso.

3) Todas ás Inscricións serán na Casa Consistorial do 1 de febreiro ao 8 de febreiro, de 8:30 a 14:30 horas.

4) O Xurado estará formado por integrantes da Comisión Municipal de Cultura do Concello de Poio.

Organiza: Concellería de Cultura e Festexos.

 

http://concellopoio.gal/index.php/poio-hoxe/469-programa-entroido-2018

Compartir